“Abrapalabra” na B.P.M. “Federico García Lorca” de Montrove (Oleiros)
O martes 15 de outubro ás 18:30 h., 31 nenos e nenas disfrutaron na Biblioteca de Montrove, durante aproximadamente una hora, do espectáculo Abrapalabra (Matapiollos Teatro) coa magnífica actuación do mago Carlos Coira, quen fixo que o día rematase dun xeito máxico para todos os presentes. Tanto o público infantil como o adulto quedaron encantados e encantadas con todos os trucos que Carlos lles mostrou e nenos e nenas quixeron participar facendo de axudantes “improvisados” do mago. Foi unha tarde chea de trucos abraiantes, de asombros e de risas…