“Libros. Imaxes. Curtametraxes. Obradoiro Creativo, fai a túa curtametraxe a partir de textos da Biblioteca” na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” de Santa Cruz (Oleiros)
O venres 11 de outubro realizouse un obradoiro que tivo como finalidade a realización dunha curtametraxe, Xes Chapela foi o monitor encargado de impartir esta actividade aos nenos e nenas de 6º de primaria do CEIP Parga Pondal de Santa Cruz, que participaron no programa Ler conta moito a través do Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros.
Aprenderon os principios básicos da linguaxe audiovisual, as fases na producción audiovisual. Pasaron por grupos pola biblioteca para buscar un libro que se axustara aás súas expectativas, para facer o guión da curtametraxe. Elaboraron a sepnose da obra, puxeron son e imaxe a cada toma.
Repartíronse os papeis que cada un xogaba na grabación, desde os cámaras, axudantes de son, script, productor, localizador de exteriores, maquilladores, decorados, director e actores.
Ensaiaron as esceas, mentras os encargados do material técnico aprendían o seu manexo.
Para pasar a “acción” e comenzar a rodaxe.
Por fin montaron as esceas e comprobamos os resultados que foron moi satisfactorios.