CELEBRACIÓN DO DÍA DA POESÍA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE QUIROGA.
O dia 22, co gallo da conmemoración do “Día da Poesía” tivo lugar na Biblioteca Municipal de Quiroga o contacontos “O Recuncho dos Contos ” a cargo de Pinga Teatro. Nesta actividade desenvolta segundo o previsto no programa “Ler Conta Moito”, participou público infantil e adultos acompañantes.
Gozaron nenos e adultos por ser un espectáculo moi participativo e dinámico. Resultou un espectáculo moi divertido e interesante, aínda para os máis pequenos por coseguir a contadora captar a súa atención por un tempo prolongado.