Historias de Babamor narradas por Larraitz Urruzola na Biblioteca Ánxel Casal
O sábado 22 de marzo tivemos a Larraitz Urruzola na Biblioteca Ánxel Casal, coas historias de Babamor e todas as súas familias cheas de amor.
En Babamor hai familias grandes e pequenas, familias envoltas en toneladas de cariño. Ollos que miran a outros ollos, cóxegas e paseos por xardíns de bolboretas.
Espectáculo de narración oral tradicional no que a titiriteira Larraitz xoga con atmósferas e situacións que xurden da transformación de obxectos e espazos do mundo dos contos.
Moi importante a presenza dos contos en todo o espectáculo e a insistencia da narradora na lectura como fonte de inspiración e forza para a nosas vidas.