CIENCIA VERSUS MAXIA, a través do contacontos “A CIENCIA É DIVERTIDA” na BIBLIOTECA do CEIP Xosé Luis Taboada, na BARRELA
O xoves día 27 de marzo @s nen@s de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CEIP Xosé Luis Taboada disfrutaron do contacontos “A CIENCIA É DIVERTIDA” na Biblioteca do centro.
Nunha primeira parte da actividade, coa que se pretendía o fomento da lectura, da creatividade e da experimentación, Ana Romero Porto, narrou tres contos….
E despois….fixo, coa axuda d@s nen@s varios experimentos con utensilios da vida cotiá, como por exemplo, inchar un globo sen aire, elaborar con auga e pintura estrelas máxicas ou facer unha lampada fluorescente…. Tódolos experimentos deixaron ó público abraidado…