CAMPO LAMEIRO CELEBRA O DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL CON “CONTOS QUE DEIXAN PEGADA”
O pasado xoves 3 de abril a Biblioteca Pública Municipal “Irmáns Ricoi” de Campo Lameiro celebrou o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co contacontos “Contos que deixan pegada”, levado a cabo pola Compañía Pavís Pavós.
Unhas 50 persoas, entre nen@s e os seus pais, achegaronse ata o Auditorio do Centro Sociocultural Sobrino Buhígas para escoitar e gozar cos contos que Tareixa e Jacobo tiñan na súa maleta e que lograron captar a atención tanto dos cativos como dos maiores.