“Dada o Duende” Contacontos visita a Chuvia de Contos da Biblioteca Ánxel Casal
Espectáculo de narración oral no que O Duende Dada deléitanos cun repertorio de contos marabillosos nos que están presentes valores moi importantes: Convivencia, Traballo en equipo, Igualdade, Medio ambiente
Tamén nos descobre o lugar onde podemos encontrar todas esas historias, por iso nos fala dos libros, a lectura, as bibliotecas, como a nosa.
Moitos nenos participan con Dada neste Contacontos máxico. Unha forma moi divertida de fomentar a lectura entre os máis pequenos.
Consultar o enlace ao evento no Facebook da Biblioteca