Vento e Chuvia: os antigos deuses galaicos contados por Sole Felloza
Soledad Felloza levounos da man da palabra e a oralidade a un mundo imaxinario que, no seu tempo, existiu no territorio da vella Gallaecia da Idade do Ferro.
Dise que as grandes festas se coñecen polas súas vésperas, a actuación de Soledad Felloza foi a mellor véspera posible para unha gran festa como a de mañá.