Nanoteatro na Biblioteca Municipal do Grove
A Asociación Nanoteatro achegou ata a Biblioteca Municipal do Grove un entretido espectáculo durante o cal escenificaron dous contos que mantiveron ao público atento ata o final.
Un pequeno telón traseiro, que cambiaba según o conto que interpretaban, servía para ambientar as historias que ían acompañadas de onomatopeas, música e cancións.
PAPAMEDOS: É a historia dun neno que ten medo da escuridade. O seu irmán maior inventa un amigo imaxinario, O Comemedos, que se come todos os medos. A través de preguntas e respostas sobre a identidade do misterioso personaxe, o protagonista vai expoñendo os seus medos, que vai superando grazas ao amor e a axuda do seu irmán.
AJDAR é un conto cheo de sabedoría sobre a responsabilidade dos seres humanos na Terra. Despois dun inesperado terremoto, vólvese todo do revés no país de Matilde, unha nena moi valiente que ten unha grande responsabilidade pois terá que ir ao centro da terra para comprender a cólera do dragón Ajdar, responsable do sismo, e salvar o seu país.