SARABELA TEATRO NA BIBLIOTECA DE DARBO CO SEU “CONTO EXPRESS”
Onte tivemos a sorte de recibir a visita de Sarabela Teatro na Biblioteca de Darbo. Deleitáronnos cunha sesión de contos moi entretida, na que houbo moito humor e incluso algunha que outra canción. Rapunzel e Gretel estiveron do máis divertidas, en todo momento captaron a atención dos rapaces asistentes logrando a súa participación. Ó final da actuación ensináronnos un bonito libro cunhas ilustracións despregables de contos cásicos fantásticas que gustaron moito ós mais cativos.