CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO CON PABLO DÍAZ EN O PEREIRO DE AGUIAR
Na Biblioteca quixemos celebrar o Día do Libro, entre outras actividades, cos cativos do concello, xa que debemos comezar a fomentar a lectura desde idades tempranas. Para iso contamos coa presenza de Pablo Díaz que lles ensinou o son e formas de diferentes instrumentos, contou historias ben bonitas como a dun rato que viaxa ata a lúa, e ensinounos as cores grazas a un crocodilo.
Tarde de música e contiños para os mais cativos.