OBRADOIRO DE BD (I) IMPARTIDO POR SANTY GUTIÉRREZ NA BIBLIOTECA CENTRAL DE CAMBRE

Alumnado 3º A do IES David Buján, na Sala de Exposicións da Biblioteca Central de Cambre
Entre a serie de actividades para conmemorar o Mes do Libro, as Bibliotecas Municipais de Cambre temos as solicitadas por Ler conta moito para o noso programa ABRILUSTRADO.
Trátase dunha serie de obradoiros de banda deseñada, para achegar o mundo do cómic a todo o alumnado de 3º de ESO, dos dous IES do Concello. Santy Gutiérrez ofreceu o primeiro obradoiro o 23 de abril. A actividade vaina artellando dunha maneira moi didáctica. Entrega a cada paricipante unha folla que contén un Guión literario, un resumo da historia e o Guión técnico.
A través do Guión técnico vai ensinando e introducindo a propia linguaxe: deseño de personaxes, colocación de textos, deseño das viñetas, tipos de bocadillos, encadres, onomatopeias, liñas cinéticas…
O obradoiro resultou tan atractivo que nas enquisas de valoración, demandábase que durase máis tempo.

Elaborando o seu propio cómic