Recital de Poesía de Lucía Aldao e María Lado na Biblioteca Forum Metropolitano da Coruña
O pasado martes 22 de Abril ás 19:00 h. na Biblioteca Forum Metropolitano, dentro das actividades do Día do libro, desfrutamos do recital de poesía de Lucía Aldao e María Lado: Con dez poemas por barba.
“Con dez poemas por barba”, resultou un recital dos poemas máis significativos de Aldao e Lado, no que contaron as suas máis hilarantes experiencias como poetas, riron das súas miserias líricas e cantaron as súas cancións preferidas.
Foi un espectáculo con exito de publico e que soubo emocionar a aqueles que odian a poesía.