OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA: COÑÉCETE A TRAVÉS DOS CUADRIÑOS. XOSÉ TOMÁS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL XABIER P. DOCAMPO DE CAMBRE

Xosé Tomás móstranos os diferentes formatos de publicacións
Xosé Tomás tamén estivo hoxe na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo.
Tras un percorrido histórico adentrounos no mundo da banda deseñada. Ista é a denominación que el propón e non a de cómic, pois o importante nesta linguaxe é comunicar, comunicar con imaxes, independentemente da temática que trate.
Foinos mostrando un paralelismo entre o cine e a banda deseñada, os diferentes planos, as elipses, as variedades de viñetas e bocadillos…
Para rematar mostrounos os orixinais da súa novela gráfica Nómades, algo que se agradece sempre, pois non é doado ver orixinais.
A actividade foi moi ben valorada e con gañas de estar máis tempo.

Orixinais e libro impreso, sempre resulta atractivo