Magín Blanco “en-cantou” na Biblioteca de Fene
Este xoves 15 de maio para celebrar as letras galegas veu a celebralas con nos MAGIN BLANCO un dos bos cantantes e compositores que temos para nenos e maiores en Galicia. Disfrutamos dun percorrido polos seus discos editados e nos agasallou con cancións dos próximos traballos. Un pracer escoitalo e comprobar que ten moitos seguidores, entre eles os bibliotecarios/as como Don Ramón que inicia o seu último traballo.