“Palma repalma”, contos para bebés con Pavís Pavós na biblioteca de Monte Alto (A Coruña).
Onte pola tarde, na biblioteca municipal de Monte Alto, gozamos da compañía de Tareixa e Xacobe, os contacontos de Pavís Pavós, quenes, con moito, moitísimo agarimo, foron debullando contiños, rimas, poesías e cancións.
A pesar da tarde chuviosa, eles conseguiron facer da biblioteca un lugar cálido e seguro. Descubrimos canto lles gusta xogar á lúa e o sol; canto come o Polo Pepe e o gordecho que se está a volver; cantos amigos fixo o señor Coc mentres intentaba descubrir quen era. E tamén cantamos cancións coa axuda dos nosos dediños e duns axóuxeres artesáns que Xacobe e Tareixa prestáronnos para a ocasión.
O único que lamentamos foi ter que despedirnos dos nosos novos amigos. Esperamos poder velos pronto, pero mentres tanto levámonos á casa un montón de libros para seguir gozándoos en familia.