Soñei que era unha árbore. Avoa Youja na Biblioteca Municipal Os Rosales
Hai algúns anos a Biblioteca Municipal Os Rosales tivo a oportunidade de coñecer a Fran Buceta e a Marta Faílde (Avoa Youja Teatro) e a súa obra “Viaxe en colo”. Nesta ocasión, acudiron ao convite do Bbencontro Os Rosales co seu novo espectáculo titulado “Soñei que era unha árbore”. Unha vez máis achegaron os máis pequenos e as súas familias, á música en vivo e en directo e á maxia do teatro. Coma sempre un pracer.