Vento e chuvia: os antigos deuses galaicos, de Sole Felloza, na biblioteca de Silleda
Narración oral, tal e como a contaban hai máis de 2.000 anos en Galicia.
Leva ós nenos a un mundo imaxinario, sorpréndeos coa súa orixinalidade, consegue transmitir emocións, ás veces sorpresa, ás veces medo, coas súas descricións de personaxes e situacións variopintas, todo acompañado de moita tenrura.