“Aventuras na Cociña” de Trinketrinke Teatro na Biblioteca Pública Municipal do Grilo (Teo)
O pasado venres día 23 de maio volveron vistarnos os Ratos de Lonxedetodo. E como sempre que nos visitan, o cheo e a diversión están garantizados. Lilí Gruyere chegou á mediateca para promover hábitos saudables na alimentación dende os contos e fomentar o uso da biblioteca e a lectura, obxectivos de “Aventuras na Cociña”, contacontos teatral protagonizado polos Ratos da Biblioteca.
Para complementar esta visita acompañamos cun centro de interese con libros de cociña para que os máis novos da casa poñan en práctica todo o aprendido da grande Lilí.