Polo Correo de Vento e O misterio do pirata Benito Soto, na Biblioteca Municipal de Lugo
Onte, Enrique Mauricio e Carlos Taboada, de Polo Correo do Vento, trouxeron á Biblioteca Municipal de Lugo a súa historia do pirata Benito Soto. Historia de piratas con todos os ingredientes para despertar a atención de nenos e nenas: misterio, tesouros, o malvado Euribor…
Ademais da historia, aprenderon uns “truquiños” para debuxar ao pirata coa súa barba, parche e pata de pau.