“Contos de amor, erotismo e morte” coa relatora Charo Pita, na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” de Santa Cruz (Oleiros)
O luns, 9 de xuño, ás 18.30 h. a narradora Charo Pita deleitounos no Teatro das Torres anexo á biblioteca , co seu traballo “Contos de amor, erotismo e morte”, unha sesión de contacontos para mozos/as, adultos/as.
Cunha fermosa melodía modulada coa súa voz, comenzou as historias da tradición oral que sobre a vida, o amor e a morte, con certos toque de fino erotismo relatou durante unha hora. Un rosario de contos que fixeron as delicias do público que asistiu ó acto, maioritariamente asistentes ás tertulias literarias (clubs de lectura) que teñen lugar no Sistema de Bibliotecas do Concello.
A actividade que forma parte do programa Ler conta moito da rede de Bibliotecas de Galicia en colaboración co Concello de Oleiros, completouse cunha pequena exposición das obras que temos na biblioteca de Charo Pita, tanto infantís como de adultos.