Humor gráfico con Leandro e Guitián, na biblioteca municipal de Monte Alto (A Coruña).
O pasado venres puidemos gozar, na biblioteca municipal de Monte Alto, da profesionalidade e experiencia dos artistas Alberto Guitián e Leandro Barea, que nos mostraron as técnicas e recursos creativos do humor gráfico actual.
Botamos unhas risas improvisando situacións cotiás que poderíannos servir de inspiración para as nosas propias viñetas, e logo experimentamos con materiais reciclados para crear as nosas primeiras caricaturas. Unha mañá diferente e, sobre todo, moi divertida.