Obradoiro de MANGA (BD xaponesa) na Biblioteca Os Rosales
O pasado 28 de agosto, na Biblioteca Municipal Os Rosales, disfrutamos dun obradoiro de iniciación ao manga (BD xaponesa) para rapaces a partir dos 9 anos, organizado polo estudio especializado en manga Cerditos de Guinea.
O obradoiro enmarcábase dentro da programación especial das Bibliotecas Municipais da Coruña sobre cómic, apoiando a programación do Festival Viñetas desde O Atlántico.
GoChi foi o encargado de profundizar no mundo do manga cun grupo de 11 rapaces e rapazas que xa sabía moito do tema, pasando da teoría a demostrar os seus talentos debuxando.
Dúas horas de obradoiro que se pasaron voando. Tendes máis imaxes no Flickr das Bibliotecas Municipais da Coruña.