Noemí López visita a Axencia de lectura municipal de Chapela co obradoiro “Contando con imaxes”
A xenial ilustradora Noemí López achegouse á axencia de lectura de Chapela para instruir aos rapaces nas pautas básicas para debuxar.
A proposta centrouse na representación de personaxes. Noemí foi conducindo aos rapaces a través do debuxo, achegándolles as nocións básicas e moitos consellos para dominar as proporcións, reproducir as emocións e expresións faciais ou expresar o movemento.
Máis no blog das Bibliotecas de Redondela: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2014/09/contando-con-imaxes-noemi-lopez-achega.html