Maxia Cómica na B.P.M. “Federico García Lorca” de Montrove (Oleiros)
O martes 30 de setembro ás 18:30 Leo Leiño chegou á nosa biblioteca, asombrando a nenas e nenos cos trucos cheos de risas e ledicia da súa “Maxia Cómica”.
Durante 70 minutos a biblioteca estivo enchida da maxia e diversión que nos proporcionou Leo, xunto aos aplausos e ovacións do público asistente, e a inestimable participación de todas e todos os aspirantes a magos que colaboraron con ela, que foron premiados con auténticas variñas máxicas pola axuda prestada.