O SOÑO DO RATO na Biblioteca P. Municipal “Federico García Lorca” de Montrove (Oleiros)
O martes 7 de outubro veu a nosa biblioteca Olga Abad de Intres, que nos trouxo moitas historias interesantes sobre ratos, ratiñas e gatos. Contounos a historia do rato César que soñaba cos trens, a rata Lavandeira que lavaba a roupa de todos os ratiños do pobo e da gata Renata que non medraba… divertidas historias ilustradas con sombras chinesas e monicreques.