OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN ÑAM!! NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MONFORTE DE LEMOS
Babaluva Teatro achegouse o día 8 de outubro ata a Biblioteca Municipal de Monforte para traerlles froitas e verduras ós rapaces e rapazas, e amosarlles a cantidade de cousas que se poden facer con elas .
Descubriron as posibilidades artísticas de leitugas, repolos, castañas…..e cada un sacou o artista que leva dentro.
Pasáronno moi ben e quedaron con ganas de repetir o ano que vén.