“Abracadabra!!”, maxia con Carlos Coira na Biblioteca P.M.”Manuel María” de Oleiros
“Abracadabra!!”, maxia con Carlos Coira na Biblioteca P.M.”Manuel María” de Oleiros
Na tarde do martes 14 de outubro tivemos na biblioteca una sesión “máxica” con Carlos Coira. Profesionalidade impecable e bonhomía no artista e ledicia e abraio por parte dun público miudiño moi activo e rebuldeiro. Unha sesión divertida e con moitas risas que pasou nun suspiro!