CARBALLO CON BOTAS NA SÚA TITIRICLETA NA BIBLIOTECA ANXEL CASAL
O titiricleteiro chega á Biblioteca Ánxel Casal da man de Carballo con botas, co seu triciclo alemán cargado cun teatro de títeres e os seus monicreques feitos por cooperativas do comercio xusto de Bangladesh, India, Guatemala…
A través dos contos ímonos ao mundo da solidariedade na procura de outras culturas nunha aposta pola tolerancia, a paz e a xustiza social.