Polo Correo do Vento na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo
O pasado, día 23 de outubro, contamos na Biblioteca Central con Carlos Roberto Álvarez Taboada e un compañeiro, para levar a cabo a actividade “O misterio do pirata Benito Soto”. Durante unha hora, a rapazada asistente escoitou relatos de misterios e piratas mentras contemplaban a elaboración de debuxos con esa temática, para finalizar creando eles o seu propio debuxo.