Raquel Queizás nos trouxo “A Orixe” á Axencia de Lectura Municipal de Chapela
No día 24 de Outubro, Día das Bibliotecas, a Biblioteca de Chapela contou coa máxica presencia de Raquel Queizás.
Raquel nos achegou o seu espectáculo “A Orixe”, contacontos onde fai un percorrido polo mundo, achegando historias, mitos e lendas procedentes de diferentes culturas ancestrais.
Na biblioteca preparamos un amplo catálogo de recomendacións lectoras para suxerir aos espectadores do contacontos. Non hai dúbida do éxito do mesmo, xa que boa parte destas recomendacións foron levadas para ler na casa polos asistentes -pequenos e adultos- do contacontos.
VER MÁIS NO NOSO BLOG: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2014/10/grande-celebracion-do-dia-das.html