A Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel celebra o “Día da Biblioteca” con Migallas Teatro
O venres 24 de outubro Migallas Taetro realizou o espectáculo “Merenda con pan de millo”. Baseado na libro-disco “Pan de millo” combinan cancións de creación propia e cancións tradicionais con narración oral . Ademais de manter a atención dos nenos animaron a cantar e bailar a toda a familia. A posta en escena foi espectacular con abundante atrezo e accesorios utilizados polos personaxes na actuación conseguindo a participación dos numerosos nenos e pais.