TRIQUITRAQUE TRAQUETRIQUI: CHARO PITA VISITA A BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL
Os máis pequerrechos tamén teñen cabida na nosa biblioteca, así que Charo Pita veu a contar historias, a cantar cancións arrolantes e a xogar co corpo.
Charo tamén sabe como facer distintas voces e ten un aparello que fai distintos sons. Tanto os nenos coma os pais participaron nas cancións facendo ruídos, asubíos, rimando….
Máis información sobre este evento témola neste enlace.