O FIDALGO “D. QUIJOTE” VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL POETA LOIS PEREIRO DE MONFORTE DE LEMOS
Coincidindo co 500 aniversario da publicación da segunda parte de “El Quijote”, adicada ao Sétimo Conde de Lemos, o xoves 23 de abril celebramos o Día do Libro na biblioteca Poeta Lois Pereiro de Monforte. Da man de Elena Carracedo Leirós un grupo de nenos e nenas de entre 6 e 12 anos dramatizaron un episodio da obra, e despois, nun obradoiro creativo confeccionaron un marcapáxinas lupa .
Pasaron unha tarde moi divertida e quedaron con ganas de repetir.