Obradoiro de MANGA. David Prieto (GoChi) na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo de Cambre
Achegámonos con Gochi ao mundo do Manga. Mozos e mozas de 3º da ESO, do IES Afonso X de Cambre adentráronse nos estudios dos grandes debuxantes de manga xaponeses. A través da proxección de vídeos fomos coñecendo as técnicas e a estética manga, a súa maneira de traballar, as principais edicións, os formatos… Un mundo apaixonante, por descubrir para moitos.
Ao remate Gochi agasallou a cada participante con tres publicacións da que fora a súa editorial Cerditos de Guinea. Agradecemos a súa xenerosidade.
Estes obradoiros están enmarcados nas Bibliotecas Municipais de Cambre, dentro do programa anual de ABRILUSTRADO