Obradoiro de MANGA. David Prieto (GoChi) na Biblioteca Municipal Os Templarios de Cambre
David Prieto achegounos ao MANGA cun obradoiro moi interesante no que foi mostrando a través de vídeos, como se traballa en Xapón: as técnicas, os estilos, os distintos materiais que empregan para entintar, para colorear, os formatos de edición, a distribución… e o resultado final.
Dirixido ao alumnado de 3º A da ESO, do IES Afonso X de Cambre.
Na Biblioteca contamos cun interesante fondo de banda deseñada que estes días está a ser moi utilizado.
Os obradoiros de MANGA solicitadoS a través de Ler conta moito, están enmarcados no programa Abrilustrado, das Bibliotecas Municipais de Cambre.