Obradoiro de banda deseñada: coñécete a través dos cuadriños. XOSÉ TOMÁS na Biblioteca Municipal Os Templarios de Cambre
Xosé Tomás ofrécenos un obradoiro moi dinámico e creativo, intercalando teoría e práctica. Comeza cunha serie de referencias históricas, desde os inicios da banda deseñada para ir introducíndonos na propia linguaxe do cómic: liñas cinéticas, estereotipos, onomatopeias, a importancia dos silencios, as viñetas e as súas diferentes formas, os globos ou bocadillos, a elipse, os planos…
Potencia a creación de historias propias, con guións sobre a propia vida. Se non se nos ocorre nada, tamén podemos xogar co signo de interrogación.
Potencia o fondo de cómic da propia biblioteca, mostrando publicacións interesantes que hai dispoñibles para préstamo.
É un obradoiro moi didáctico e Xosé Tomás un gran comunicador.
Estes talleres forman parte do programa ABRILUSTRADO das bibliotecas Municipais de Cambre.