Os contos de Pablísimo na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
O Sábado 9 de maio ás 12 h. Os contos de Pablísimo tróuxonos a Biblioteca a actividade “¡Rás! contos batracios” : unha serie de relatos curtos que ían acompañados de monequiños e instrumentos musicais como campaniñas ou carrillóns. Algúns deles foron narrados cantando con retrousos que coreaban pais e nenos. Gustou moito aos nenos e nenas que estaban moi atentos, riron e participaron na actividade.