“Cantacontos para bebés” con Pablo Díaz, na biblioteca Monte Alto (A Coruña).
O 6 de maio, na biblioteca municipal Monte Alto (A Coruña) puidemos gozar da tenrura do artista Pablo Díaz. Contounos contos, ensinounos poemas e cantamos cancións do seu último traballo: “Xente miúda moita fartura“.
Pablo Díaz é un dos nosos artistas favoritos. Sabe tratar os nenos con paciencia e agarimo, atendelos e xogar con eles. Bebés e maiores quedamos encantados coa súa visita, esperamos volver a velo pronto. Grazas, Pablo!