“Érase unha vez uns zapatos…” en BiblioPazos cos amigos de ASPAVI
Onte día 12 de maio para celebrar o Día das Letras Galegas -que se conmemora o próximo domingo día 17 de Maio na honra de Xosé Fernando Filgueira Valverde– en BiblioPazos quixemos empezar cunha actividade de narración oral con Fátima Fernández e o seu espectáculo “Érase unha vez uns zapatos…”.
Tivemos de invitados aos nosos amigos e amigas da Asociación ASPAVI e pasamos unha hora moi amena, divertida, participando todos dos contos narrados por Fátima.
Velaquí unhas imaxes do evento.