Obradoiro de marionetas de papel na BPM “Federico García Lorca” de Montrove – OLEIROS
O martes 19 de maio na BPM “Federico García Lorca” de Montrove houbo un obradoiro de creación de marionetas de papel a cargo de Anxo García de Viravolta Títeres.
Nenas e nenos estiveron moi atentos para poder facer as súas marionetas perfectas e, unha vez rematadas, engadirlle adornos ou accesorios da súa propia colleita. Resultou ser unha actividade moi divertida e creativa, e os participantes marcharon a súas casas encantados cos monicreques que fixeron.