“Cóntoche un traxe” de Montse Rivera na Biblioteca Pública Municipal de Riveira
O sábado, 6 de xuño ás 12.00 h, Montse Rivera convidounos a viaxar no tempo coa súa preciosa actividade “Cóntoche un traxe”.
Exposición bibliográfica “Cóntoche un traxe” de Montse Rivera.
Todo o público que se deu cita na Biblioteca de Riveira, uns corenta nenos e nenas coas súas familias, agardaba con curiosidade a descubrir o que había debaixo duns panos negros que algo agochaban… Entrou Montse Rivera e comezou unha hora de descuberta e sopresas.
A orixe das nosas roupas, como e onde facían a súa roupa nos tempos de antes, e despois grazas á colaboración das voluntarias e voluntarios e coa doce voz de Montse cantando preciosas cantigas, fomos descubrindo peza a peza a roupa tradicional galega de traballo e de gala. Antes de despedirnos pasamos ao Salón de actos e vimos unha proxección doutros traxes co poema de Rosalía “A lingua que eu falo” de fondo, foi todo tan bonito!
E para rematar… fotos e máis fotos (unha preciosa sorpresa).