MaxiaCómica, con Leo Leiño, na biblioteca municipal Monte Alto (A Coruña).
Tódolos anos,cando se achega o verán, na biblioteca municipal Monte Alto festexa a chegada do bo tempo saíndo á praza, ao Campo de Marte: é a Bibliopraza. Alí xuntámonos grandes e pequenos a ler contos, xornais e revistas. E case sempre temos a sorte de que nos acompañe algún artista marabilloso.
Este ano veu Leo Leíño a ensinarnos uns trucos de maxia tan incribles que aínda estamos a intentar descubrir como os realizou. Coa súa maxia e as súas historias pasamos unha tarde moi divertida. Rimos moito, aprendemos un montón e logo puidemos levarnos á casa libros en préstamo da biblioteca, porque as bibliotecarias nolos levaron ata o parque amablemente.
Grazas a Leo Leíño e a súa axudante por esta tarde de maxia e contos!