Os contos do Chupete na Biblioteca Xosé Neira Vilas
O pasado venres 19 de xuño celebramos na biblioteca unha nova sesión de Os contos do Chupete, dentro do ciclo Entre Arrolos e Contiños.
Bea Campos e Davide González ofrecéronnos unha sesión como sempre estupenda na que gozamos cos Versos vegetales de Antonio Rubio, o baño do oso Chispa, as andanzas do gran Polo Pepe ou a Ratiña Fachendosa… e tamén coas fantásticas cancións e melodías coas que amenizamos esta fantástica tarde de contos!