O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa fixeron unha doce mañá de conto para os rapaces/as do Campamento urbán do concello de Bóveda
O día 16 de xullo tivo lugar a actuación do cociñerio Antón e a pasteleira Tomasa no Centro sociocultural do concello de Bóveda. Unha proposta interesante coa que se traballaron diferentes aspectos da animación infantil, ao mesmo tempo que os rapaces e rapazas que asisten o campamento urbán almorzaban dun xeito doce co obradoiro de cociña que se facía ao rematar a actuación teatral.