Obradoiro Imaxinando Minchapas con Pichük na Biblioteca Sagrada
O luns 24 de agosto as 10.30h realizouse un obradoiro dentro do programa “Ler conta moito” na Biblioteca Municipal Sagrada Familia de A Coruña, impartido por Manel Cráneo. Os 15 nenos que participaron con idades comprendidas entre os 6 e 10 anos, deseñaron personaxes que posteriormente trasladaron a chapiñas que levaron consigo para a casa.
Alén diso tamén puideron comprender a Saga de Pichük e todos os personaxes do Planeta Mincha de mans do propio autor: escoitaron a narración dunha das obras, ollaron os borradores das ilustración e visualizaron o tráiler dos futuros debuxos animados etc.