Obradoiro de marionetas de papel con Viravolta Títeres na Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro” de Santa Cruz (Oleiros)
O mércores, 30 de setembro como ven sendo habitual nesta biblioteca tivemos a primeira actividade no inicio deste novo curso, desta vez optouse por un obradoiro de marionetas de papel a cargo de Viravolta Títeres, dentro do Programa Ler conta moito. Actividade dirixida por Anxo García que con verdadeira calma e templanza foi conseguindo que cada nena/o realizara os pasos a seguir (doblar, recortar, pegar, etc..) de xeito que o resultado final fóra unha estupenda marioneta de papel.
O primeiro paso foi o recoñecemento da utilidade do papel, na construcción dos libros para pasar a outras utilidades no campo da papiroflexia, realizando con habilidade a súa primeira figura de papel, un “comecocos” que resultou a cabeza da futura marioneta, agora só fixo falta engadirlle ollos, cellas, pernas, brazos, etc.. para conseguir un “feitiño” boneco de papel.
Un obradoiro moi completo, ben conseguido e ben dirixido.