Lobo Bobo na BPM “Mª José Trincado” de Mera (Oleiros)
O venres, 9 de outubro, tivo lugar na biblioteca de Mera (Oleiros)o espectáculo Lobo Bobo a cargo de Elefante Elegante no marco do programa Ler Conta Moito.
Gonçalo fixo as delicias do público con esta divertida representación na que os protagonistas dos máis coñecidos contos clásicos nos sorprenderon con curiosas escenas e finais inesperados.
Pasámolo estupendamente !!!