19/10/2015

E volve Larraitz a contarnos que en Babamor hai familias grandes e pequenas, familias diversas envoltas en toneladas de cariño. Ollos que miran a outros ollos, cóxegas e paseos por xardíns de bolboretas.

Os nenos e nenas da Biblioteca “Ánxel Casal” marcharon moi contentos porque encántalles Larraitz. Ela, sen música e con pouca parafernalia, canta mentres lles conta os contos, ensínalles rimas para saltar na rúa, e involucra aos pais na súa leria.
Contou varios contos, todos sobre a diversidade nas familias. Tamén baixamos libros da Sala Infantil para que os rapaces os poideran ver despois do contacontos e levaron varios da selección.
Para máis información sobre esta actividade preme
aquí.
Etiquetas: Biblioteca Ánxel Casal, Choiva de Contos, contacontos, Larraiz Urruzola, Ler Conta Moito