OS CONTOS DE MAXIA DE CHRYSTYAN MAGIC NA B.P.M. Federico García Lorca de MONTROVE (Oleiros)
O martes 20 de outubro Chrystyan Magic trouxo a súa maxia á biblioteca de Montrove.
Ao tempo que nos contaba a historia da pequena Rosalía, que andaba á procura das cores do arco da vella, os seus trucos ían ilustrando o conto, e nenas e nenos estiveron máis que dispostos a colaborar con el e facer de “axudantes de mago”.
Foi un espectáculo cheo de música, risas e trucos de máxia, que impresionou e encantou a pequenos e maiores.